Festas e eventos de lecer

Festas e eventos de lecer

Experiencias de animación sociocultural breves e puntuais, pensadas para festexar, compartir e crear lembranzas divertidas e inesquecibles a través do xogo, a colaboración e a participación activa.

Ideais para aniversarios infantís, comuñóns, vodas, bautizos, festas comunitarias, celebracións familiares e actividades para persoas adultas, sempre adaptadas ás características de cada grupo.

Grupo de crianzas participando en xogos cooperativos para fomentar o traballo en equipo e a participación.

Xincanas cooperativas

Xincanas cooperativas para tódalas idades, nas que o grupo supera probas deportivas, artísticas, científicas, literarias e de enxeño, adaptadas aos seus intereses, para conseguir entre tódalas persoas participantes os 500 puntos necesarios para desbloquear o agasallo final.

Mapa dunha busca do tesouro preparado para unha actividade de aventura e orientación.

Buscas do tesouro

Aventuras tematizadas con historia e personaxe incluida nas que o grupo percorre diferentes localizacións seguindo un mapa e resolvendo retos motrices, artísticos, científicos e de enxeño, adaptados aos seus intereses, ata descubrir o tesouro e recibir o agasallo final.

Actividade de animación infantil con xogos e dinamización durante unha festa comunitaria en Entroido.

Festas comunitarias

Actividades participativas en prazas, parques e outros espazos públicos nas que persoas de todas as idades comparten xogos tradicionais, populares e cooperativos para fortalecer os vínculos, promover a convivencia e crear comunidade.

Materiais preparados para un escape room educativo baseado na resolución de retos e no traballo en equipo.

Scape rooms

Retos cooperativos nos que o grupo resolve, en equipo, enigmas moooi variados, descifra códigos ocultos, conecta pistas, abre candados e cofres, e supera desafíos de lóxica e enxeño para completar con éxito unha misión personalizada.

Actividade de contacontos teatralizado para estimular a imaxinación, a participación e a expresión corporal.

Contacontos O Pirata Despistado

Ideal para crianzas de 0 a 6 anos. Acompañaremos a un pirata na procura do seu parche perdido a través da música, baile, xogos de busca, xogos con paracaídas, títeres de papel e un mural colectivo, rematando cun pequeno agasallo para cada peque.

Creación de sales de cores nun obradoiro de experimentación e expresión artística.

Obradoiros artísticos

Espazos creativos nos que o grupo experimenta con diferentes técnicas e materiais para dar forma a manualidades e creacións únicas. Propostas pensadas para desfrutar xuntos, ideais para o Entroido, Samaín, Día da Familia, Día da Auga, Día da Árbore, Día da Muller e outras datas especiais.

Actividade de pintacaras para crianzas durante unha festa ou evento familiar.

Maquillaxe de fantasía

Deseños coloridos realizados con maquillaxe profesional hipoalerxénica, adaptados aos gustos de cada participante para converterse na personaxe, animal ou criatura que imaxine.

Crianzas participando en xogos de auga ao aire libre durante unha actividade de verán.

Actividades acuáticas

Xogos de auga con relevos de vasos furados, barreños, paracaídas mollados, esponxas voadoras e moitos outros retos pensados para refrescarse e divertirse nos días de máis calor.

Figura de globoflexia elaborada durante unha actividade de animación infantil para eventos e celebracións.

Globoflexia

Figuras de globoflexia elaboradas con globos de látex 100 % biodegradables, que achegan un toque de ilusión, sorpresa e cor a calquera celebración ou festexo.