Actividades educativas e socioculturais
Experiencias máis estables no tempo (duración semanal, mensual, anual…) para diferentes tipos de grupos, colectivos e equipamentos cos que traballamos diferentes obxectivos educativos e socioculturais.
Ideais para colexios, institutos, centros sociocomunitarios, asociacións veciñais, etc.
Xogotecas de conciliación
Espazos educativos baseados no currículo, o xogo, a creatividade e a experimentación, pensados para favorecer a conciliación familiar durante os períodos non lectivos e dirixidos a ANPAS, centros educativos, concellos e outras entidades.
Xogoteca creativa
Actividade semanal de hora e media de duración na que as persoas aprenden, crean, xogan e conviven a través de propostas artísticas, deportivas, científicas e cooperativas, escollidas en asemblea democrática e adaptadas á súa idade, necesidades e intereses.
Risoterapia
Sesións vivenciais para todas as idades que empregan o humor, o xogo dramático, a improvisación, a espontaneidade e a expresión corporal para promover o benestar emocional, fortalecer os vínculos e crear espazos de confianza, distensión e coidado.
Iniciación ao teatro
Sesións semanais de iniciación ao teatro, de unha hora de duración, que combinan o xogo, a improvisación e a creación colectiva para desenvolver a creatividade, a comunicación, a expresión corporal e o traballo en equipo en crianzas, adolescentes e persoas adultas.
Educación emocional
Sesións educativas nas que, a través de xogos, contos, curtametraxes, role playing, dinámicas e retos cooperativos, exploramos as emocións, as relacións e diferentes situacións cotiás para aprender a convivir, comunicarse e coñecerse mellor.
Valores e convivencia
Propostas educativas adaptadas ás necesidades de cada entidade, nas que se aborda de maneira participativa temas como a igualdade, a convivencia respectuosa, a prevención do acoso, a diversidade afectivo-sexual e a loita contra os prexuízos e a discriminación.
Dinamización de patios
Programas de dinamización de patios adaptados á realidade de cada centro educativo, que transforman os tempos de recreo en espazos de xogo, participación e convivencia mediante retos, dinámicas cooperativas e propostas inclusivas.
Expresión artística
Sesións nas que experimentamos con diferentes materiais, técnicas e linguaxes creativas para crear, expresarnos, desfrutar do proceso sen xulga nin esixencias e descubrir o potencial creativo de cada persoa.
Actividades interxeracionais
Encontros nos que persoas de diferentes idades comparten xogos, conversas, reflexións e actividades para fortalecer vínculos, combater estereotipos e aprender unhas das outras.