Animación Sociocultural en Galicia
Facer comunidade, rir, compartir e, sobre todo, aprender xogando!
Buscas animadora sociocultural autónoma para eventos e proxectos en Vigo, Mos, Redondela e arredores? Pois aquí me tes!
Sobre Min
Son Lana, animadora sociocultural
Son Lana, rapaza redondelá que tivo a sorte de atopar no xogo, a animación e a educación a maneira de sentirse viva e plena, compartindo momentos bonitos con outras persoas.
Traballo de autónoma como animadora sociocultural, monitora de tempo libre e educadora infantil, e levo 10 anos creando festas, obradoiros, proxectos e espazos de lecer e cultura onde priorizo que as persoas se sintan a gusto.
Como son?
- Aberta, curiosa, alegre, risueña e desenfadada… e tamén introvertida, insegura e TORPE (si, en maiúsculas 😂).
- Encántame xogar e coñecer persoas diferentes, compartir e aprender xuntas. Creo xenuinamente que a diversidade humana é marabillosa.
- Intento ser cada día mellor persoa, quero contribuir activamente a un mundo máis xusto, sustentable, coidadoso e, sobre todo, amable. 🌱
OS MEUS SERVIZOS
Para particulares
Festas para crianzas, adolescentes, adultos, maiores… Querredes repetir seguro!
Para empresas de ocio educativo
Reforzo de persoal ou substitucións? Queres que achegue algunha proposta ao teu espazo? Dalle a ver máis!
Para centros educativos e ANPAS
Proxectos sociocultural adaptados as vosas necesidades. Educación en valores e convivencia, dinamización do recreo, festas temáticas, e moito máis!
Centros socioculturais e asociacións de veciños
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec
TESTEMUÑOS
Diversión para todos!
Marcas cas que colaboro
Estas son algunhas das entidades riquiñas que contan comigo asiduamente. Gustaríache tecer rede?





