Inicio

Animación Sociocultural en Pontevedra

Facer comunidade, rir, compartir, aprender e, sobre todo, moito xogar!

Buscas animadora sociocultural autónoma para eventos e proxectos en Vigo, Mos, Redondela e arredores? Pois aquí me tes!

Sobre Min

Son Lana, animadora sociocultural

Son unha rapaza redondelá que tivo a sorte de atopar no xogo, a animación e a educación unha forma de sentirse viva e plena, compartindo experiencias con persoas afíns en ideas e valores. 

Traballo de autónoma como animadora sociocultural, monitora de tempo libre e educadora infantil, e levo 10 anos creando festas, obradoiros, proxectos educativos e espazos de lecer onde o xogo vai moito máis alá do entretemento, pois se converte nunha oportunidade única para aprender, colaborar, crear vínculos e facer que as persoas se sintan felices, escoitadas e a gusto.

Como son?

OS MEUS SERVIZOS

Festas e eventos lúdicos

Experiencias puntuais pensadas para festexar, compartir e crear lembranzas e anécdotas divertidas a través do xogo, a colaboración e a participación.

Actividades educativas e socioculturais

Propostas continuadas ou de media duración nas que o xogo, a creatividade e a convivencia respectuosa se converten en ferramentas para aprender, crecer e construír comunidade.

Proxectos a medida

Cada grupo, entidade ou territorio é diferente. Por iso tamén deseño proxectos adaptados ás necesidades, intereses e obxectivos de cada realidade.

TESTEMUÑOS

Diversión para todos!

Entidades cas que colaboro

Estas son algunhas das xeitosas compañías que contan comigo habitualmente. Gustaríache tecer rede?