Actividades socioculturais a medida

Actividades educativas e socioculturais

Cada proxecto é diferente porque cada grupo e cada comunidade tamén o son. Se as vosas necesidades non encaixan nos servizos que atoparedes nesta páxina, deseño propostas totalmente personalizadas.

Traballo con colexios, institutos, ANPAS, familias, concellos, asociacións, centros sociocomunitarios, entidades e empresas, creando proxectos de animación sociocultural, ocio educativo e educación non formal adaptados aos obxectivos e ás persoas participantes.

Cada proxecto é diferente porque cada grupo, cada comunidade e cada historia tamén o son. Por iso, se as vosas necesidades non encaixan nos servizos que atopades nesta páxina, tamén deseño proxectos educativos, de lecer e socioculturais totalmente personalizados, adaptados aos obxectivos, ao espazo e ás persoas participantes.

Traballo con colexios, institutos, ANPAS, familias, concellos, asociacións, centros sociocomunitarios, entidades e empresas para crear actividades de animación sociocultural, ocio educativo e educación non formal, procurando que cada proposta teña sentido, coherencia e contribúa a crear un ambiente de participación, respecto, ledicia, confianza e proximidade.

Dende unha sesión puntual ata un programa de varios meses, cada proxecto xorde da escoita, do diálogo e da colaboración mutua. O obxectivo é crear experiencias que acompañen e respondan ás necesidades reais de cada grupo e que deixen unha pegada positiva nas persoas participantes.