Festas e eventos de lecer
Experiencias de animación sociocultural breves e puntuais, pensadas para festexar, compartir e crear lembranzas divertidas e inesquecibles a través do xogo, a colaboración e a participación activa.
Ideais para aniversarios infantís, comuñóns, vodas, bautizos, festas comunitarias, celebracións familiares e actividades para persoas adultas, sempre adaptadas ás características de cada grupo.
Xincanas cooperativas
Xincanas cooperativas para tódalas idades, nas que o grupo supera probas deportivas, artísticas, científicas, literarias e de enxeño, adaptadas aos seus intereses, para conseguir entre tódalas persoas participantes os 500 puntos necesarios para desbloquear o agasallo final.
Buscas do tesouro
Aventuras tematizadas con historia e personaxe incluida nas que o grupo percorre diferentes localizacións seguindo un mapa e resolvendo retos motrices, artísticos, científicos e de enxeño, adaptados aos seus intereses, ata descubrir o tesouro e recibir o agasallo final.
Festas comunitarias
Actividades participativas en prazas, parques e outros espazos públicos nas que persoas de todas as idades comparten xogos tradicionais, populares e cooperativos para fortalecer os vínculos, promover a convivencia e crear comunidade.
Scape rooms
Retos cooperativos nos que o grupo resolve, en equipo, enigmas moooi variados, descifra códigos ocultos, conecta pistas, abre candados e cofres, e supera desafíos de lóxica e enxeño para completar con éxito unha misión personalizada.
Contacontos O Pirata Despistado
Ideal para crianzas de 0 a 6 anos. Acompañaremos a un pirata na procura do seu parche perdido a través da música, baile, xogos de busca, xogos con paracaídas, títeres de papel e un mural colectivo, rematando cun pequeno agasallo para cada peque.
Obradoiros artísticos
Espazos creativos nos que o grupo experimenta con diferentes técnicas e materiais para dar forma a manualidades e creacións únicas. Propostas pensadas para desfrutar xuntos, ideais para o Entroido, Samaín, Día da Familia, Día da Auga, Día da Árbore, Día da Muller e outras datas especiais.
Maquillaxe de fantasía
Deseños coloridos realizados con maquillaxe profesional hipoalerxénica, adaptados aos gustos de cada participante para converterse na personaxe, animal ou criatura que imaxine.
Actividades acuáticas
Xogos de auga con relevos de vasos furados, barreños, paracaídas mollados, esponxas voadoras e moitos outros retos pensados para refrescarse e divertirse nos días de máis calor.
Globoflexia
Figuras de globoflexia elaboradas con globos de látex 100 % biodegradables, que achegan un toque de ilusión, sorpresa e cor a calquera celebración ou festexo.